Inicio › Foros › Eventos › Cursos / Talleres / Workshop › Curso Textiles Inteligentes – Lilypad Arduino GALICIA / PONTEVEDRA
Etiquetado: Taller
- Este debate tiene 0 respuestas, 1 mensaje y ha sido actualizado por última vez el hace 10 años por
oliontv.
- AutorEntradas
- 4 marzo, 2013 a las 12:04 #27717
oliontv
Participante25 ao 29 de Marzo
De 09:30h. a 13:30h. ou de 17:00h. a 21:00hO LilyPad Arduino é unha placa con micro-controlador deseñado para prendas e i-téxtiles. Pode-se empregar con complementos similares como fontes de alimentación, sensores actuadores de diversos tipos, todos eles unidos por fio condutor. LilyPad-Arduino é unha placa deseñada e desenvolvida no MIT de Boston por Leah Buechley, e distribuida pola coñecida Spark Fun Electronics.
É a ferramenta perfecta para un avance rápido na construcción de calquer tipo de prenda interactiva. Posúe innumerábeis vantaxes á hora de elaborar calquer proxecto grazas ao seu peso liviano, ás suas pequenas dimensións e á discreción dos seus compoñentes; cunha grande gama de accesórios que se poden lavar.
É Open Source e Open Hardware, polo que existe unha grande comunidade respaldando os seus usos e aplicacións.
DIRIXIDO A
Artistas multidisciplinares, deseñadores de moda, programadores, curiosos, performers e todo aquel interesado en coñecer novas formas electrónicas con posibilidades creativas, ferramentas de xeneración gráfica, sonora, lumínica e interactiva; asi como todo aquel que sen ter coñecimentos prévios de electrónica desexe adentrar-se neste mundo. Non son necesários coñecimentos prévios de electrónica, programación ou desenvolvemento téxtil.METODOXIA
As primeiras sesións adican-se a situar a placa de LilyPad nos contextos artísticos e tecnolóxicos actuais, e realiza-se unha introdución das técnicas básicas de creación artística no mundo téxtil e os micro-controladores.
Repaso de materiais e ferramentas para levar a cabo prototipos de dispositivos útiles e introdución aos micro-controladores.As seguintes sesións centran-se na aprendizaxe e aplicación técnicas mediante exemplos e casos prácticos, que despois se empregarán como punto de partida para desenvolver un pequeno proxecto creativo.
Os exemplos centrarán-se nas técnicas de interación que se veñen empregando actualmente.
– Para rematar, cada alumno traballará asesorado en todo o momento para realizar un pequeno proxecto final individual ou en grupo.MATERIAIS e/ou NECESIDADES TÉCNICAS
1 kit Básico LilyPad por alumno.
1 máquina de coser Fio conductor e agullas
Multímetro Costureiro básico
Ferramentas e sensores (profesor e centro*) - AutorEntradas
- Debes estar registrado para responder a este debate.